Entremedias é a denominación comercial posta en marcha por César Galdo, un profesional con máis de dúas décadas de experiencia no desenvolvemento de proxectos audiovisuais e de estratexia comunicativa para o sector público e privado.
Canda el outra xente especializada en distintas áreas -creatividade, deseño, imaxe, contidos, etc.- coa obxectivo de escoitar o que precisas e propoñerche os soportes e as mensaxes que mellor lle vaian ás túas necesidades.
Tocámolo todo: o vídeo corporativo e documental, a fotografía de prensa e social, a posta en marcha e xestión de redes sociais, as campañas de comunicación, o deseño de soportes e mesmo a imaxe desde o ceo con acreditación perante a Axencia Estatal de Seguridade Aérea.
Ti cóntanos e seguro que daremos co que buscas.